• Na Ría de Arousa dende 1992, traballamos para unha ampla gama de embarcacións tradicionais, grandes e pequenas, cruceiros costeiros ou de altura, barcos de regata, etc.

 

  • No Taller de Velería especializámonos no deseño e fabricación de velas para embarcacións tradicionais. Considerando con atención as particularidades da embarcación, armador e plan de navegación, abordamos o deseño e confección das nosas velas, co maior abano de tecidos dispoñibles e o coñecemento de acabados para adecuarnos a cada traballo; dende a réplica histórica ás velas de iniciación

 

  • Cando te pos en contacto connosco estás a tratar directamente con quen vai realizar o traballo, de principio a fin. Dende a medición e formulación de plano vélico e aparello, se é o caso, ata o deseño 3D do perfil, o corte e os acabados de cada vela, coa atención que cada proxecto e presuposto requira para navegar nas mellores condicións de rendemento e seguridade

 

 

joomla template